domingo, abril 27, 2008

O Gran Triunfo de AiD

Que tal Amig@s,

despois dunha boa tempada sen estar por estos lares chego de novo máis contento ca nunca tendo unha obriga que decir: "AID GAÑOULLE ós CAF na Facultade de Dereito" da USC. O xoves despois de vir dunha práctica de Procesal II fun, coma un raio, ó local onde se estaba computando os votos e vin como ós meus colegas, e candidatos ó claustro, Jorge Cubela, Luis Teira e Iago Seigo me deron unha forte aperta mentras me decían que AID volvera a triunfar nestas eleccións. Isto foi unha das máis grandes noticias que me derón nestos catro anos que levo na facultade e dende que fundei a Asociación.

Teño que agradecer, de corazón, o gran esforzo que a directiva de AiD fixo e, dun xeito especial, a éstos tres candidatos e campións que van a dar a talla no claustro da USC nos próximos dous anos, estou completamente seguro. E como non, a toda a xente que confiou no noso proxecto de futuro e prosperidade. Sen máis, dou palabra que a partir deste día actualizarei mais a miúdo o blog.

Gracias e un forte Saúdo

4 comentarios:

Anónimo dijo...

Aí estamos Presidente!

Es un grande, o sabes.

Dende o que compartimos isto foi unha victoria sen paliativos de AiD.

Unha aperta

Anónimo dijo...

Queremos un hijo tuyo wapo!!un dia tu y yo seremos una unidad de amor destinada a la procreacion.t quiero comer lo q tu sabes.bss

Anónimo dijo...

A verdade é q non lle coñecía eu ao noso emperador esta faceta de procreador e terror das nenas...pero bueno, dos "grandes homes" e, sobre todo, dos deste país, pódese esperar un xa calquera cousa!!

Quen nos di q non teña xa por aí algún sucesor biolóxico e nos estea a facer ilusións falsas aos máis,eh?!! Aínda se vai q haber q buscar os enchufes por outro lado q este home esta moi solicitado paréceme a min polo sector máis feminino do eleitorado...

Anónimo dijo...

O DEMO non me leve... esta noite durmo cos ollos coma pratos!!! ¡¡¡FERNANDO, ESAS COSTILLETAS, QUE CHAS VAN COMER!!!

Pero a anónima do menú que diga ben alto e ben claro quen é, que estamos todos en ascuas de saber quen vai levar tan bo capón da Terra Chá, de carnes magras coma queixo de San Simón da Costa... E se o papas todiño, aínda che ha de levar un cacho...

Asús, que animaladas se len por aquí!!