viernes, mayo 23, 2008

Movementos no Partido Popular

Nos últimos meses estamos a vivir unha renovación do PP que RAJOY está a impulsar. Algún que outro integrante do sostén que a dirección nacional está tendo fallos. Os que realmente están facendo un enorme dano ó partido son aquelas persoas que se concentraron en Genova e algun dirixente que os convocou en Genova. Eses suxeitos si que fan un terrible dano a tódolos que cremos e estamos orgullos de pertencer ó partido que Don Manuel Fraga Iribarne fundou.
En todo partido, cada certo tempo, e moi necesaria unha renovoción, inclusive no Partido Popular. A antiga directiva fixo un magnífico traballo, mellorando a calidade de vida de todos os españois mentras ostentou o goberno; pero temos que ser conscientes de que debemos darlle a oportunidade a caras novas con gañas e ilusión de traballar por tódolos cidadáns, sen que isto signifique unha ruptura cos principios sobre os cales o Partido Popular se fundou.
Seguimos sendo un partido de centro, onde cabemos todos, cuio único obxetivo e traballar polos cidadáns, ben sexa no executivo ben sexa na oposición, que respetamos as reglas democráticas, que cremos en España, un país unido pero á súa vez diverso, que cremos e respetamos as distintas rexións, pobos ou culturas que coexisten no mesmo.
Isto é o partido popular, un partido que non só cree en España senón tamen en Galicia, no Pais Vasco, en Cataluña e demais rexións que a conforman, a pesar de que algunha persoa pense o contrario. Sendo ademais un partido traballador, responsable e serio.
Estou plenamente convencido que, no próximo congreso, o Partido Popular vai a sair forte e con gañas de traballar, de ahí que comunidades como galicia, castela león, valencia, andalucía apostan por Rajoy e o seu equipo, que será un gran equipo. Non o dubido.

Eu tamén aposto por RAJOY. Ánimo.