viernes, junio 20, 2008

Breve balance da situación económica e industrial de galicia

Galicia está sendo a Comunidade, xunto con Estremadura, con máis baixada do índice de producción industrial de España.

Sendo ésta na que o nivel de afiliacións á Seguridade Social foi onde máis caeu desde o ano 1991.

O paro dos últimos doce meses incrementouse xa en 6 puntos e a todo isto debemos engadir a profunda crise que tanto o sector lácteo como o pesqueiro están a padecer. De xeito que as previsións non son boas para o futuro, dado que un dos sectores máis importantes para galicia, este é o caso do sector primario, esta en crise.

Dito todo o anterior, creo convinte que o executivo estatal e galego poña en marcha, canto antes, medidas efectivas para que esta crise, en xeral, teña as menores consecuencias posibles na economía de cada galego.

miércoles, junio 18, 2008

Caso axente electoral

A asociación “Viticultores do Castro” que contratou con fondos publicos á axente electoral socialista, foi creada co fin de obter diñeiro público da Xunta de Galicia, por candidatos e cargos do PSOE. Sendo o representante legal concelleiro do PSOE en Piñor e o seu Secretario militante socialista indo nas listas municipais de 2003 e 2007 no concello de Castro Caldelas. O obxetivo desta era desviar fondos públicos para financiar ó PSOE, da que o PSOE puxo moitisimas trabas para o inicio do funcionamento da comisión e agora esperan pechala canto antes. Por outra parte o BNG tentou buscar a verdade durante días e tras unha reunión na Consellería de Presidencia deixou de interesarlle dito caso. O ditame acordado polo PSOE e BNG sobre este caso é de costas á verdade Sen embargo o PPdeG, non dacordo co mesmo, presentará un ditamen alternativo baseado nos feitos reais. Pódese decir que exite cinco fraudes nun mesmo: 1º) un fraude económico (billete de avión con fondos públicos), parlamentario (a axente tamén traballou desde o Parlamento), laboral (a axente estaba contratada para traballar en Ourense), político ( o soldo da axente estaba financiado polo Conselleiro de Traballo e número 2 do PSOE galego), e electoral (o actual Alcalde de Muxía era o beneficiario úlitimo da trama). Se Touriño non depura canto antes responsabilidades podemos concluir que O Presidente da Xunta sabía da trama, permitiuna e tolerouna, e por tanto, é tan responsable como calquera dos implicados neste fraude electoral.

viernes, junio 13, 2008

Quinta Xornada de Folga e Ningunha Medida

Imos xa no quinto día de folga, e o goberno aínda non tomou ningunha medida para tentar solucionar este gran problema que os camioneros teñen e se deriva a todos os cidadáns.
Do único que o goberno se encargou foi de expandir unhas medidas de seguridade para evitar todo tipo de problemas, que me parecen moi ben. Sen embargo ditos problemas existiron e existen igualmente, pois temos que lamentar a morte dunha persoa, os golpes que lle arrearon a un camionero e a un terceiro que ten queimado o 25% do seu corpo. Todo isto se podería evitar se o goberno tomase algunha medida con anterioridade; sen embargo non aconteceu e así estamos.
Destacar que o executivo ten as propostas, por parte da plataforma convocante da folga, dende quince días antes de iniciarse ésta, e a día de hoxe non temos ningunha resolución. Ademáis de que o país está perdendo diariamente 500.000 millons de Euros e moitas familias con grandes problemas económicos.
Por todo o dito, reinvindicolle ó actual goberno, que foi reelixido durante catro anos máis (fai tan só tres meses), que se poña a traballar, que escoite á este sector tan importante para todos os cidadáns e que escoite tamén a estos últimos. Que tome medidas con xeito e non puramente electoralistas ( como os 400 € que só han de beneficiar os ricos, como sabemos todos).

martes, junio 10, 2008

Isto é o que fixo a actual Xunta de Galicia

Galicia podería ter hoxe en servizo arredor de 230 kms de novas vías de alta capacidade, e so temos 35 kms, o que supón o 15% dos kms de novas vías de alta capacidade que xa deberían estar rematados.
Se o bipartito continuase coas actuacións comezadas pola Xunta do PP, Galicia tería 430 kilómetros de novas vías de alta capacidade no horizonte 2008-2009. Concretamente, Galicia multiplicaría por 3 a rede de vías de alta capacidade da Xunta, pasando de 245 kms en servizo en 2005 a 675.
O bipartito, en lugar de continuar coas obras paralizou a xestión. So continuando coas obras que estaban licitadas, mentres no resto das actuación as paralizou o anulou.
OBRAS QUE TIÑAN QUE ESTAR REMATADAS
OU A PIQUES DE REMATAR
Santiago- Brión
Santiago-Pontevea
Salnés
Barbanza
Nadela-Sarria
Ferrol-Vilalba
Dozón- Ourense
Brión-Noia
Sarria-Monforte
Variante de Noia
TOTAL: 230 KMS

martes, junio 03, 2008

A crise económica avanza

Amig@s , por moito que, o actual goberno, nos intente convencer de que non hai crise na economía española todos os cidadans podemos comprobar que a crise é real e non psicolóxica, como me chegaron a decir algún día. Digo que a crise é real porque algúns alimentos subiron ata un 86% en apenas un ano; os prezos dos productos básicos experimentaron o maior encarecemento rexistrado desde 1997; a leite, o queixo e os ovos suben máis dun 16% nun ano.

Pois ben ante estos datos escandalosos que non nos veña Solbes dando discursos e conferencias no que afirma que non existe unha crise profunda. Porque todos os cidadáns, sen ser expertos en economía, sabemos que os cartos non chegan a nada.