viernes, febrero 20, 2009

A Xunta de Galicia négalle unha silla especial a un neno con parálisis cerebral

Fai un par de días recibín no meu correo electrónico unha noticia que os cidadáns galegos deben saber e analizar para que logo voten, con cabeza, o día un de Marzo. O contido de dita noticia dí que Pablo, un neno que vive en O Milladoiro, solicitou a Xunta de Galicia unha silla especial para axudalo a desarrollar fisica e psiquicamente, posto que a súa familia, cada mes, está gastando entre 400 e 500 € en exercicios de rehabilitación. Sen embargo, por parte da Xunta de Galicia lles dixeron que as prestacións de dependencia non podían cubrir esas facturas.

E eu digo, hai que ser moi sinvergúenzas por haberlle negado unha silla especial a este pobre rapaz e que se gastasen máis de 2300 € en sillas para que o Señor Touriño e Quintana estean máis cómodos nos despachos da Xunta de Galicia. E logo moito presumen de que o Bloque e o PSOE dan moitas prestacións sociais. Vergonza lles tería que dar!!!!!!!!!!

Espero que todo isto, e moito máis, sexa un motivo para castigar o vindeiro 1 de Marzo a Touriño e Quintana, tendo a esperanza dunha nova xestión en Galicia liderada por Feijoo.

Vos decidides!!!!!!

lunes, febrero 16, 2009

Breve balance do incio de campaña e o 1º motivo polo que confiar en Feijóo

O pasado venres comezou oficialmente a campaña electoral das eleccións do 1 de Marzo. Con tan poucos días foron numerosos os actos que tiveron lugar, en todo Galicia, dos diferentes partidos. Pero gustaríame destacar o GRAN ACTO celebrado o sábado á tarde na Praza de Touros de Pontevedra. Acto multitudinario no que se podía sentir as enormes ganas que o pobo galego ten de que o futuro Presidente da Xunta de Galicia sexa Nuñez Feijóo.
Este sentimento de esperanza e ilusión da gran maioría dos galeg@s radica na incompentencia destos catro anos dun goberno dividido, dun goberno no que o seu único obxetivo foi ofrecer grandes promesas electoralistas pero que non se fixeron realidade, das cales podemos destacar: a Lei de Dependencia, proxecto que Vicepresidencia non logrou implantar e repartir os dereitos e fondos destinados ós miles de dependentes que se reparten por todo o territorio galego, salvo en no relacionado á propaganda e publicidade, destacando ademais a falla de transparencia na xestión dos diferentes expedientes posto que nin as delegacións, nin as secretarias xerais (de Vicepresidencia) facilitan información actualizada sobre a situación real da tramitación dos expedientes nin da orde seguida para a valoración e o recoñecemento do recurso.
Fronte a todo isto, a alternativa do PPdeG e a de poñer en marcha o II Plan Galego de Persoas Maiores 2009-2012 que consistirá no seguinte:
1. traballar na mellora dos sistemas de atención dos nosos maiores.
2. Implantar centros de día en todas as bisbarras galegas e en todos os concellos de máis de 1500 habitantes.
3. Impulsar outros procesos e programas co fin de alcanzar os mellores ratios de atención residencial.
Por isto e polo ben de todos os nosos maiores vos pido a confianza para Nuñez Feijóo.

jueves, febrero 12, 2009

De novo por aquí

Despois dunha boa temporada sen escribir por estes recunchos de internet, e sabendo que se me acabaron os exames, adicarei mais tempo a isto do blog para recuperar así o tempo perdido.

Estamos en precampaña electoral, e a tan só dunhas horas de iniciarse a campaña propiamente dita, estamos vendo como cada partido politico esta poñendo en marcha os motores para iniciar este percorrido de 15 días intensos que rematará o día 1 de Marzo, na que os cidadan elixirán a Constitución dun Novo Parlamento de Galicia. Espero e desexo que ese novo Parlamento lle conceda a maioría suficiente o PP de Galicia para poder Gobernar.

Durante estos días de intensa campaña comentarei, dun xeito especial, os motivos polos cales os cidadans galegos deben de confiar nun goberno do Presidido por Nuñez Feijoo.