viernes, junio 13, 2008

Quinta Xornada de Folga e Ningunha Medida

Imos xa no quinto día de folga, e o goberno aínda non tomou ningunha medida para tentar solucionar este gran problema que os camioneros teñen e se deriva a todos os cidadáns.
Do único que o goberno se encargou foi de expandir unhas medidas de seguridade para evitar todo tipo de problemas, que me parecen moi ben. Sen embargo ditos problemas existiron e existen igualmente, pois temos que lamentar a morte dunha persoa, os golpes que lle arrearon a un camionero e a un terceiro que ten queimado o 25% do seu corpo. Todo isto se podería evitar se o goberno tomase algunha medida con anterioridade; sen embargo non aconteceu e así estamos.
Destacar que o executivo ten as propostas, por parte da plataforma convocante da folga, dende quince días antes de iniciarse ésta, e a día de hoxe non temos ningunha resolución. Ademáis de que o país está perdendo diariamente 500.000 millons de Euros e moitas familias con grandes problemas económicos.
Por todo o dito, reinvindicolle ó actual goberno, que foi reelixido durante catro anos máis (fai tan só tres meses), que se poña a traballar, que escoite á este sector tan importante para todos os cidadáns e que escoite tamén a estos últimos. Que tome medidas con xeito e non puramente electoralistas ( como os 400 € que só han de beneficiar os ricos, como sabemos todos).