martes, junio 03, 2008

A crise económica avanza

Amig@s , por moito que, o actual goberno, nos intente convencer de que non hai crise na economía española todos os cidadans podemos comprobar que a crise é real e non psicolóxica, como me chegaron a decir algún día. Digo que a crise é real porque algúns alimentos subiron ata un 86% en apenas un ano; os prezos dos productos básicos experimentaron o maior encarecemento rexistrado desde 1997; a leite, o queixo e os ovos suben máis dun 16% nun ano.

Pois ben ante estos datos escandalosos que non nos veña Solbes dando discursos e conferencias no que afirma que non existe unha crise profunda. Porque todos os cidadáns, sen ser expertos en economía, sabemos que os cartos non chegan a nada.