domingo, abril 27, 2008

O Gran Triunfo de AiD

Que tal Amig@s,

despois dunha boa tempada sen estar por estos lares chego de novo máis contento ca nunca tendo unha obriga que decir: "AID GAÑOULLE ós CAF na Facultade de Dereito" da USC. O xoves despois de vir dunha práctica de Procesal II fun, coma un raio, ó local onde se estaba computando os votos e vin como ós meus colegas, e candidatos ó claustro, Jorge Cubela, Luis Teira e Iago Seigo me deron unha forte aperta mentras me decían que AID volvera a triunfar nestas eleccións. Isto foi unha das máis grandes noticias que me derón nestos catro anos que levo na facultade e dende que fundei a Asociación.

Teño que agradecer, de corazón, o gran esforzo que a directiva de AiD fixo e, dun xeito especial, a éstos tres candidatos e campións que van a dar a talla no claustro da USC nos próximos dous anos, estou completamente seguro. E como non, a toda a xente que confiou no noso proxecto de futuro e prosperidade. Sen máis, dou palabra que a partir deste día actualizarei mais a miúdo o blog.

Gracias e un forte Saúdo