O pasado venres comezou oficialmente a campaña electoral das eleccións do 1 de Marzo. Con tan poucos días foron numerosos os actos que tiveron lugar, en todo Galicia, dos diferentes partidos. Pero gustaríame destacar o GRAN ACTO celebrado o sábado á tarde na Praza de Touros de Pontevedra. Acto multitudinario no que se podía sentir as enormes ganas que o pobo galego ten de que o futuro Presidente da Xunta de Galicia sexa Nuñez Feijóo.
Este sentimento de esperanza e ilusión da gran maioría dos galeg@s radica na incompentencia destos catro anos dun goberno dividido, dun goberno no que o seu único obxetivo foi ofrecer grandes promesas electoralistas pero que non se fixeron realidade, das cales podemos destacar: a Lei de Dependencia, proxecto que Vicepresidencia non logrou implantar e repartir os dereitos e fondos destinados ós miles de dependentes que se reparten por todo o territorio galego, salvo en no relacionado á propaganda e publicidade, destacando ademais a falla de transparencia na xestión dos diferentes expedientes posto que nin as delegacións, nin as secretarias xerais (de Vicepresidencia) facilitan información actualizada sobre a situación real da tramitación dos expedientes nin da orde seguida para a valoración e o recoñecemento do recurso.
Fronte a todo isto, a alternativa do PPdeG e a de poñer en marcha o II Plan Galego de Persoas Maiores 2009-2012 que consistirá no seguinte:
1. traballar na mellora dos sistemas de atención dos nosos maiores.
2. Implantar centros de día en todas as bisbarras galegas e en todos os concellos de máis de 1500 habitantes.
3. Impulsar outros procesos e programas co fin de alcanzar os mellores ratios de atención residencial.
Por isto e polo ben de todos os nosos maiores vos pido a confianza para Nuñez Feijóo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario