miércoles, junio 18, 2008
Caso axente electoral
A asociación “Viticultores do Castro” que contratou con fondos publicos á axente electoral socialista, foi creada co fin de obter diñeiro público da Xunta de Galicia, por candidatos e cargos do PSOE. Sendo o representante legal concelleiro do PSOE en Piñor e o seu Secretario militante socialista indo nas listas municipais de 2003 e 2007 no concello de Castro Caldelas. O obxetivo desta era desviar fondos públicos para financiar ó PSOE, da que o PSOE puxo moitisimas trabas para o inicio do funcionamento da comisión e agora esperan pechala canto antes. Por outra parte o BNG tentou buscar a verdade durante días e tras unha reunión na Consellería de Presidencia deixou de interesarlle dito caso. O ditame acordado polo PSOE e BNG sobre este caso é de costas á verdade Sen embargo o PPdeG, non dacordo co mesmo, presentará un ditamen alternativo baseado nos feitos reais. Pódese decir que exite cinco fraudes nun mesmo: 1º) un fraude económico (billete de avión con fondos públicos), parlamentario (a axente tamén traballou desde o Parlamento), laboral (a axente estaba contratada para traballar en Ourense), político ( o soldo da axente estaba financiado polo Conselleiro de Traballo e número 2 do PSOE galego), e electoral (o actual Alcalde de Muxía era o beneficiario úlitimo da trama). Se Touriño non depura canto antes responsabilidades podemos concluir que O Presidente da Xunta sabía da trama, permitiuna e tolerouna, e por tanto, é tan responsable como calquera dos implicados neste fraude electoral.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)